NO ÁMBITO CIENTÍFICO ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DA ESPIRAL COMA PATRÓN QUE SE REPITE DA NATUREZA. COÑECEMOS E INVESTIGAMOS ALGÚNS COMA: GALAXIAS, TORNADOS, ANIMAIS, PLANTAS…
PARA ISTO CONTAMOS COAS SEGUINTES PROPOSTAS:
- ESPELLO E PEDRAS VARIADAS: onde podemos reproducir a forma seguindo diferentes consignas
- LUZ NEGRA: Debuxamos aspectos investigados nun soporte diferente e ambientado na luz negra
- ESPAZO CREATIVO: Este espazo foi evolucionando, partindo da espiral de Calder, representamos, exploramos diferentes ténicas plásticas, facemos pequenos experimentos científicos… E coma remate final construiremos a nosa espiral que recolla o traballado no PDI anual.
- Minimundos con luces e sombras
- Recuncho de investigación: A partir dun panel visual escollemos diferentes animais, fenómenos… para investigar
- Manipulación e clasificación: de cunchas según a forma. Este Recuncho evolucionou dende a manipulación e clasificación nos orbits ata un espazo de clasificación medioambiental en area.
- Mesa de luz: reproducción e creación de diferentes patróns con materiais translúcidos.
- Impresión 3d e Xogos en inglés: Recuncho que non é permanente no que están a reproducir co lápiz 3d o engranaxe que da significado ao noso PDI. E cando contamos no ambiente coa auxiliar de conversa esta leva a cabo xogos en inglés.









No hay comentarios:
Publicar un comentario