Esta mañá a escola recibiu a Manuel, membro da Guardia Civil, máis concretamente de SEPRONA.
Manuel falounos sobre o traballo que realiza xunto aos seus
compañeir@s, os riscos mediambientais derivados das malas prácticas
humanas e como podemos nós previr que ocorran.
Centrouse ademais na prevención de incendios forestais. Nós
contámoslle as nosas experiencias relacionadas con este tema e
mantivemos un diálogo agradable reflexionando sobre o medioambiente
cunha persoa experta.
Moitas grazas por todo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario