miércoles, 5 de octubre de 2016

Presentación da "Okupación Escornabótica"


Onte, nas reunións titoriais de inicio de curso, as familias coñeceron o contido da mochila viaxeira que okupará ao longo dunha semana as súas casas.
As mochilas levan un libro, un vídeo, un escornabot, dúas plantillas do escornabot, unha cámara de fotos e un caderno.


O obxectivo é programar tarefas co escornabot en familia e rexistralas no caderno e gráficamente, unha das plantillas irá baleira para que podades despregar a vosa imaxinación.
O funcionamento do escornabot foi presentado polo alumnado de 4 anos no vídeo grabado na biblioBN:




                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario