sábado, 24 de marzo de 2012

Almanaque Musical

"Almanaque Musical"  é unha das últimas adquisicións da biblio BN. Onte na libraría  Libros para Soñar de A Coruña presentouse a exposición  Un paseo ilustrado II coas obras do ilustrador David Pintor .
David comentou as láminas que compoñen o paseo e despois Xosé Ballesteros,tradutor ao galego do Almanaque, leu algunha das poesías acompañado polas fermosas cancións de Cristina Muíño.
Ao final David dedicou a nosa escola a súa última obra cun precioso debuxo.
Tamén falou da posibilidade de facernos unha visita....
                                                                  Grazas David



No hay comentarios:

Publicar un comentario