miércoles, 12 de octubre de 2011

Coñecendo unha fraga

Estes días estivemos preparando nas aulas a visita á Fraga de Sisalde , traballamos sobre mapas do concello e da ruta a seguir , buscamos información do que iamos ver na web do noso concello , traballamos as guías medioambientais da fraga.
E con todo este traballo previo achegámonos á Sisalde onde Óscar , o técnico de medio ambiente do concello de Arteixo , amosounos un montón de cousas. Escoitamos , observamos e rexistramos nas follas de observación. Sacamos fotos do que nos interesaba e recollimos follas e froitos para despois traballar na aula.
En definitiva un auténtico TRABALLO DE CAMPO.



Create your own video slideshow at animoto.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario