sábado, 12 de enero de 2019

Magic Wand is Missing!!


Antes das vacacións, na clase de Inglés, houbo un grave problema: a tan querida variña máxica de Katrina, Magic Wand, desapareceu.
Sen ela, non é posible facer maxia, como facer aparecer a Monkey, contos novos, material para xogar ou novas plantillas para o escornabot.


O tema era serio, así que todas e todos puxéronse mans á obra. En primeiro lugar trataron de atopar a Magic Wand, para iso debuxárona tal e como a lembraban e fixeron cartaces coa palabra "Missing" (desaparecida) que pegaron por toda a escola.
Como non a atopaban, decidiron crear unha nova variña. Pensaron en diferentes solucións, a primeira foi a plastilina. Despois de varios intentos, decatáronse de que os resultados eran pouco resistentes, as variñas non funcionaban e desfacíanse con facilidade.


Finalmente tiveron a gran idea de crear unha nova e imprimila en 3D.
Deseñárona elas e eles mesmos empregando o programa online Tinkercad e imprimírona na impresora 3D.



Esta semana apareceu na bolsa de Katrina de novo e puideron, por fin, facer aparecer a Monkey, novas historias e xogos fascinantes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario