Comezamos este importante día coa lectura de "A meniña furacán e o meniño esponxa" da ED. Algar que nos ensina que a pesares de ser distintos/as dialogando podemos ser amigo/as, mostrándonos que as diferenzas entre as persoas non nos afastan, senón que nos enriquecen.
Despois da lectura saímos ao patio a descubrir un novo recuncho para xestionar os nosos conflictos, O Recuncho do Diálogo.
Explicamos o seu funcionamento e normas e o poñemos en práctica.
Que importante é aprender a dialogar para conseguir e manter a PAZ, nós pequeniños/as como somos xa o sabemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario