domingo, 3 de mayo de 2015

Día da Ciencia para Ángeles Alvariño

A Real Academia Galega de Ciencias ven de propoñer adicar o Día da Ciencia , 1 de xuño, á figura
de Ángeles Alvariño da que tanto sabemos nesta escola e para a que pedimos unha rúa.








EncontXo Matemático cos ratiños de 3 anos

Peche de gala do Mes do Libro co contacontos protagonizado pola aula de 3 anos.
Da man do libro "Cuenta Ratones", da Maleta Viaxeira de Matemáticas prestada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, contamos e descontamos ratiños e axudámolos a escapar da temible serpe.



De seguido tendes a presentación do conto para a PDI que fixo Cloti:


                           

sábado, 2 de mayo de 2015

Do Libro ás Letras : A Língua sabe a Pan

Do Mes do Libro saltamos ao das Letras da man de Cunqueiro.
Da visita de Miguel Sande á biblioBN no Día do Libro, un comentario deixou pegada no alumnado: Miguel comía letras cando era neno ao sair da escola. As letras que lles facía o panadeiro.
Os nenos e nenas quixeron facer as súas letras para comelas e poder escribir tan ben e bonito como él.
Para axudarnos a facer a masa tivemos a tres xeracións dunha familia.




Time lapse

Rueiro Literario III

Para rematar o Mes do Libro, os da aula do 4 saíron a buscar a rúa literaria que nos faltaba :Rúa Álvaro Cunqueiro.
Deixaron a súa pegada cunha célebre frase do escritor.