martes, 29 de mayo de 2012

Pinto & Chinto na biblioBN

Hoxe recibimos a esperada visita de Pinto & Chinto. Falaron con nós de como se coñeceron, do traballo que fai cada un, do traballo para o xornal, das experiencias literarias...
Despois Carlos leunos algúns dos relatos de "Minimaladas" e David ensinounos a debuxar os personaxes a partir da historia. Así puxemos en práctica o que iamos vendo.
Tamén quixemos preguntarlles porque un dos seus libros ten unha ilustración moi parecida a un cadro de Klimt, no que estivemos a traballar, e David respostou que a él lle gustaba debuxar cadros que admiraba nos museos para dalos a coñecer.


MOITÍSIMAS GRAZAS A CARLOS E DAVID POR FACERNOS PASAR UN RATO ESTUPENDO !!!



 

                    



Esta é unha mostra dos traballos que fixemos coas súas viñetas e que levaron 
de agasallo.

                             

lunes, 28 de mayo de 2012

Expoñemos o que Aprendimos

A pasada semana xuntámonos na biblioBN para contar aos compañeiros das outras clases as cousas que investigamos e aprendimos sobre os bosques de 3 países diferentes.
Estas son as presentacións das que nos axudamos para expoñer o aprendido.


Aula de 3 anos


Aula de 4 anos


Aula de 5 anos



EncontXo ao pé dunha maceira

Unha maceira moi especial :"A maceira que daba calquera cousa menos mazás" .
Mentras contamos o conto imos descontando os minutos que faltan para o Encontro con Pinto & Chinto.



Encontro con Pinto & Chinto


miércoles, 23 de mayo de 2012

Martes 29 : Pinto & Chinto na biblioBN

Por fin!!! o vindeiro martes disfrutaremos da visita de David Pintor e Carlos López , nosos humoristas gráficos favoritos.
Deixaron recado de que levedes folios e lapis...
Para ir quentando motores o luns teremos un EncontXo arredor dun dos seus libros :"A maceira que daba calquera cousa menos mazás"


                                                   

miércoles, 16 de mayo de 2012

De Pesca con Valentín

Festexamos as nosas letras traballando a viñeta de Pinto & Chinto sobre o autor deste ano. Animamos a viñeta a nosa maneira e despois buscamos, en revistas e folletos, unha letra. Coa letra escollida buscamos, nos poemas da antoloxía : "Valentín Paz Andrade" , unha palabra que empezara por ela.

                                Tivemos unha boa pesca !!!

                         


E aquí está a pesca que fixemos en familia de noticias, datos e imaxes do homenaxeado.




Lembrade que tedes a vosa disposición os recursos para seguir traballando con Valentín. VER AQUÍ