martes, 10 de junio de 2025

Lectura e familias: Contos a Centos con Paco Nogueiras


 
Este luns desfrutamos en familia dunha tarde de contos cantados a cargo do fabuloso Paco Nogueiras, actor e músico galego.
Tarde de sapo, cinco ratiños, son animal… entre os contos que puidemos escoitar e cantar.
Actividade levada a cabo GRAZAS a participación no programa de Lectura e Familias das Bibliotecas Escolares de Galicia

Minimundos 3D: Animais mariños

  Os nenos e nenas de 4º de E.I. realizaron as súas propias creacións de animais mariños na App Doodle 3D e, posteriormente, estes foron impresos na impresora 3D do espazo fedelleiro.

Con eles crearemos minimundos do mundo mariño. 



jueves, 5 de junio de 2025

domingo, 1 de junio de 2025

Tardes de Biblio en familia: EncontXos con autor@s

Este mes de Xuño contaremos coa visita de Paco Nogueiras e Caramuxo Teatro grazas ao programa Lectura e familias, de Bibliotecas Escolares, do cal formamos parte.

Se queredes vir, avisa a titora por abalar, ou as mestras nas entradas e saídas da escola

Non o perdas!