lunes, 5 de mayo de 2025

As familias contan: Familia de Andrea

 “PACO”

A familia de Andrea contou a historia de Paco, Un ratiño entrañable vai á Lúa. E pronto saberemos que a Lúa non é de queixo fresco, pero si moi tenra.

GRAZAS FAMILIA!

miércoles, 30 de abril de 2025

Mes das Artes Galegas

Durante o mes de Abril coñecemos o arte de Sargadelos e a Isaac Díaz Pardo
Despois elaboramos a nosa propia vaixela de Sargadelos


 

viernes, 25 de abril de 2025

jueves, 24 de abril de 2025

As familias contan: Familia de Bruno

 “EL VIEJO Y LA MARGARITA”

Todas as mañás o vello senta a mirar e a conversar coa súa margarida, si, como o Principiño, pero unha mañá a nota moi seria. Cando lle pregunta que a pasa case non a oe e ten que achegarse moito para conseguir entendela, é entón cando o descobre, a súa querida margarida ten pulgón! Non tarda nin un segundo en coller a súa bicicleta para ir á biblioteca onde atopará remedios e problemas a partes iguais, creedes que conseguirá dar coa solución ao seu problema?


GRAZAS FAMILIA!

miércoles, 23 de abril de 2025

As familias contan: Familia de Estefanía

“QUE TE GUSTARÍA SER?”

Rebeca soña con ser un peixe, ao peixe gustaríalle ser unha curuxa, esta admira as cualidades do crocodilo... e así lles pasa a outros animais que desexan ser distintos ao que son. Un xogo encadeado para desenvolver a imaxinación


GRAZAS FAMILIA!