jueves, 13 de octubre de 2022

Volta o Taller TIC ó Espazo Fedelleiro

Arrinca o Taller Tic, que volvemos a levar a cabo no Espazo Fedelleiro.
Nas primeiras sesións recordamos ou coñecemos, no caso da aula de 3 anos, ao noso Escornabot e tentamos chegar á meta de sinxelos percorridos.



 

miércoles, 12 de octubre de 2022

Período "HADEANO"

 H   A    D    E    A    N     O

Período no que a terra era extremadamente quente, coma un océano de lava. Lluvia de meteoritos caían sobre a terra, e a atmósfera era espesa e amarelada. A lúa xa estaba alí pero moito máis preto...

Así comeza a primeira parte de "A Gran Expedición", de editorial Pipala, e a partires da cal comeza a nosa investigación de coma comezou a vida na terra.



O equipo de investigación da Aula Azul queren saber máis. Para iso visitaron a BiblioBN, xa que nela hai unha sección adicada ao proxecto. Aylén descubriu un libro especializado en volcáns!!





Agora seguirán investigando e compartindo as súas investigacións coas demáis aulas!
Grazas equipo!

martes, 11 de octubre de 2022

viernes, 7 de octubre de 2022

Arrinca o préstamo semanal

Todo preparado para que comece o préstamo semanal

@s nen@s da aula de 5 anos estiveron a escoller os fondos que levarán para clase para o seu préstamo semanal. Para iso visitaron tanto o Espazo Fedelleiro coma a BiblioBn coa única consigna de que deberían coller contos de tódolos espazos e clasificacións (para que me lean, mundo que me rodea...)


 

Tardes de Biblio en Familia: Xogamos cos Escornabots