jueves, 15 de abril de 2021

As familias Contan: Familia de Alejandra "Nicolasa ¿y tu casa?"

En Barrionovo "As Familias Contan" por iso neste Mes do libro convidámolas a participar lendo contos dende a casa (a través de Skype, vídeos...)

A familia de Alejandra, da clase de 3 anos, inaugura estas lecturas con esta historia tan divertida de Mar Benegas que nos achega moitos tipos de vivendas.





Grazas Familia por participar!!!

lunes, 12 de abril de 2021

Atelier Creativo: Cómic do camiño I

A semana pasada Barri presentóunos un novo Atelier ao redor do Cómic. Durante este mes do libro coñeceremos un pouco máis esta técnica narrativa.

 O papel: soporte básico cos que facemos os libros. Preparamos a masa para facer papel reciclado rasgando papel de periódico e sumerxindo en agua.



A ilustración e as viñetas.: traballamos a lectura e escritura a través das imáxenes.



O texto e os bocadillos: con máquinas de escribir e tampóns, para aproximarnos  a lectoescritura.


O largo do mes crearemos os nosos propios cómics!

martes, 6 de abril de 2021

Atelier Creativo: Cómic do camiño

Arrincamos este mes cun novo Atelier no Espazo Fedelleiro, nel aprenderemos e experimentaremos coa elaboración dos cómics: textos, ilustracións, onopatopeas, viñetas...

 

Poderemos experiementar, crear cómics colaborativos, así coma elaborar o noso propio papel.






Novos materiais sensoriais


 

viernes, 2 de abril de 2021

Día do libro Infantil e Xuvenil

Mensaxe de Margarita Engle, ilustrada por Roger Mello:
A música das palabras


"Esteas cómodo na casa

ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra

e unha lingua estraña, as historias e poemas

perténcente" 

(Margarita Engle)

(Tradución ao galego de María Canosa) 


jueves, 1 de abril de 2021

Mes do Libro 2021: Anímate a Ler na BiblioBN

Neste mes do libro non queremos perder o costume de ler contos na nosa biblioteca polo que queremos convidarvos a que o fagades dende a casa, a través de videochamada ou enviando o voso vídeo.
Anímate!!


E neste mes do libro renderemos especial homenaxe ao cómic infantil, polo que... 
E ler un cómic??