jueves, 5 de noviembre de 2020

Tardes de Biblio en Familia

Voltan as tardes de biblio en familia, dun xeito diferente, pero desfrutando igual dos contos e historias que aquí nos esperan.
Grazas familias por visitarnos!!

 

miércoles, 4 de noviembre de 2020

Taller Tic: A Pantasma Peregrina

Despois de traballar neste Samaín a lenda da "Pantasma Peregrina", tentamos reproducila traballando coa luz e a sombra.

 

Obradoiro de Vermislab

Hoxe levouse a cabo o Obradoiro de Biblioteca Creativa que tiñamos pendente do curso pasado e que non se fixera debido a suspensión das clases presenciais.

Foi a cargo de Vermislab que co robot educativo Ozobot nos mostraron a importancia de Reciclar, Reducir e Reutilizar. 

Mediante xogos e creación de circuitos para o robot traballamos ademáis o razoamento, a robótica e programación mediante códigos de cores.







martes, 3 de noviembre de 2020

Martes Poesía-Express "na rede": O libro dos medos

 Esta semana seguimos cos medos na BiblioBn e que mellor poesía que "A Pantasma" do "Libro dos medos"



domingo, 1 de noviembre de 2020

Samaín 2020: Luces de medo

Este venres no espazo fedelleiro desfrutamos, xogamos e experimentamos coas luces que temos no noso recuncho sensorial.

Pasámolo de medo!!

CELEBRANDO O DÍA DO SAMAÍN: BAILES, ENCONTXO... E MOITO MÁIS

ESTE VENRES, DENDE PRIMEIRA HORA, CELEBRAMOS O SAMAÍN RECIBINDO XA @S NEN@S CON MÚSICA DE MEDO!!

DESPOIS A BIBLIOBN PREPAROUNOS CUN ENCONTXO MOI ESPECIAL "SAR SARELA E OS MONSTROS DE COMPOSTELA", UN CONTO QUE NOS ACHEGA AS GÁRGOLAS DA CATEDRAL DE SANTIAGO E A SÚA HISTORIA.

POR ÚLTIMO, NAS CLASES, TAMÉN SEGUIMOS A DESFRUTAR DA FESTA!!
NO SEGUINTE VIDEO TEDES UN PEQUENO RESUMO.

FELIZ HALLOWEEN OU SAMAÍN!!