lunes, 22 de abril de 2019

Día do Libro 2019: Mariña Surrealista

Hoxe, no Espazo Fedelleiro da BiblioBn, celebramos o Día do Libro cun Encontxo Poético. 
Un conto de Yolanda Castaño da colección "Unha historia para un cadro", baseado no cadro de Urbano Lugrís e ilustracións de Xosé Cobas.
Conto que recibimos coma agasallo das Bibliotecas Escolares, en colaboración co Museo de Belas Artes, polo traballo do Día das Artes Galegas. 
Coa axuda do retroproxector e diferentes materiais (translúcidos e opacos) fumos recreando as  diferentes esceas do conto, intentando xerar un ambiente de soño e misterio, ao igual que os cadros de Urbano Lugrís.
"Regala un conto... regala un soño"
Feliz Día do Libro!!




Guía de lectura: Día do libro 2019

 


viernes, 12 de abril de 2019

EncontXo in english: Katarsis



Para despedirnos ata a volta das vacacións, recibimos un contacontos moi especial, un Storytelling!
Estiveron no noso Espazo Fedelleiro Katarsis, Educación e Teatro, contándonos dous contos do autor Robert Munsch: "Up,up,down" e "mmm, cookies!


Encantounos este contacontas tan teatral! E a nosa mestra Katrina emocionouse moito!
Moitas grazas pola visita.

jueves, 11 de abril de 2019

As familias contan: Pai de Ainara Carril

Hoxe estivo na BiblioBN o pai de Ainara Carril, Toni, cunha lectura que sempre deixa bo sabor de boca : "Corre, corre, cabaciña" de Ed. Kalandraka


 
Moitas grazas por colaborar nas familias contan! Como agasallo levou o marcapáxinas deseñado coa impresora 3D

O teu primeiro Encontxo...


Hoxe tivemos un EncontXo moi especial, visitáronnos Lara e Carmen. A BiblioBN encheuse de tenrura, poemas e nanas.

E coma non podía ser menos...as dúas firmaron o noso libro de visitas

Como agasallo levaron un marcapáxinas 3D e un chupete 3D personalizado. 
E nós...tamén recibimos un fermoso agasallo!



Moitas grazas pola vosa visita!

miércoles, 10 de abril de 2019

Escornaviaxe polos Montes Galegos

No mapa físico de Galicia, no que levamos todo o curso a traballar, e situar os montes investigados, xogamos con dous dados, un de letras e outro de números.
 Tiramos e buscamos a coordenada, a onde teremos que levar o noso escornabot, e ver que monte se atopa máis preto.

As familias contan: Tía Ainara Souto

A tía de Ainara Souto contóunos "Lino Felino" da Editorial 3 Abejas.
Un marabilloso libro sobre a tristura.

Grazas por voltar a BiblioBn!