miércoles, 20 de febrero de 2019

Encontro #somosdemonte: Ainara Souto e a súa Tía

Hoxe Ainara e a súa tía viñeron a bibliobn a falarnos do Monte e do Castro de Sta. Tegra, que a tía de Ainara visitou varias veces.
Falounos da situación xeográfica no mapa de Galicia e máis das características do entorno: Río Miño, Océano Atlántico...
Tamén falou dos Castros e a súa historia, e máis trouxo unha réplica.
 Moitas grazas por participar do noso proxecto, 
cada día sabemos un pouquiño máis!
E coma sempre...déixannos a súa pegada no noso libro de firmas, e máis levan un agasallo 3D.
GRAZAS!

martes, 19 de febrero de 2019

Martes Poesía-Express: "Adios ríos, adios fontes" Rosalía de Castro.


Este martes gozamos dunha proposta de poesía express sensorial.
Despois do recreo, a profe Lucía estábanos a agardar na horta da escola. Explicounos que nela aparecera un camiño misterioso que deberíamos percorrer para poder descubrir o poema desta semana, 
"Adios ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.

Un voluntario, Alexis, foi abrindo o percorrido e recopilando os fragmentos de poesía dispersos polo mesmo. Seguíronlle todos os nenos e nenas aos que lles apeteceu probar a experiencia.






Cando rematamos, recompuxemos o poema e fixámonos en que alguén nos deixara ademais unha nota pendurada da oliveira.
Nela, Shelly, o trasno do monte, pedíanos que investigásemos sobre a autoría do poema, que o plantásemos na terra e que o coidásemos con agarimo. 
Unha sorpresa nos agarda unha vez realicemos esta tarefa, non perdades detalle!




viernes, 15 de febrero de 2019

Preparando o Día de Rosalía






Creación Internivel

Durante estas dúas últimas semanas no noso taller internivel seguimos coa montaxe de material novo do Espazo Fedelleiro.


Desta volta tocounos acabar de preparar un tear. Para iso continuamos traballando a tipoloxía de texto instructivo mediante as instrucións do tear e as súas imaxes.



Despois comezamos a usar o noso novo tear, aproveitando tamén os lazos e bobinas de madeira para practicar a nosa motricidade enroscando e manipulando textís.



Por último,o martes pasado aproveitando que o luns celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia coa visita da UDC Ciencia e que nos deixaron unha neveira portátil con xeo seco; fixemos unha construción ao redor da neveira para despois pasar a botarlle auga ao xeo e observar como interviña o vapor na nosa construción. 



Venres de Encurtas: La Cour

martes, 12 de febrero de 2019

Martes Poesía-Express: Des Eu Ca Lip Ti Za Ción


Este martes realizamos un Acción Poética-Multimedia no Espazo Fedelleiro arredor da palabra DESEUCALIPTIZACIÓN, elexida palabra do ano 2018.





Despois pensamos no significado da palabra e da proxección e comparamos as follas e os froitos da especie autóctona, o carballo, e da invasora, o eucalipto.




GIF elaborado empregando o programa GIMP a partires da imaxe publicada no Portal das Palabras.

lunes, 11 de febrero de 2019

Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia



Para celebrar o Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia recibimos a visita de UDC CIENCIA.

Ana, Vicky, Laura e Alba organizaron uns talleres de fósiles, slime e equilibrios cos que desfrutamos descubrindo máis cousas sobre a ciencia.









Para rematar asinaron no Libro de Visitas da biblioBN e como agradecemento imprimimos un agasallo 3D para cada unha delas, un átomo ao que lle colocamos o QR desta entrada.






Moitas grazas polo voso traballo e pola vosa visita!!