Este martes Irene recitounos co retroproxector unha poesía de Antonio García Teijeiro extraída de "Paseniño, paseniño" de ED. Everest Galicia
martes, 29 de enero de 2019
lunes, 28 de enero de 2019
domingo, 27 de enero de 2019
Buzón das suxerencias: Hemeroteca na BiblioBn!
Tódolos días recibimos o periódico na escola e na clase aproveitamos para ver a data, o tempo e se hai algunha noticia interesante que estea relacionada co noso proxecto. Pero un día surdiu unha idea... e se houbese un recuncho na bibliobn para que tod@s poidamos consultalo en calquera momento?
Despois duns días tivemos resposta
E uns días máis tarde... apareceu esto na biblioteca
Rápido pensamos que sería para o periódico e contamos a idea aos nosos compañeir@s
Agora só queda...buscarlle un recuncho
viernes, 25 de enero de 2019
Creación internivel
Esta semana no taller internivel aproveitamos o EncontXo forestal no que atopamos unha instalación con elementos e recursos que obtemos dos nosos bosques e montes, para iniciar unha construción dun Minimundo de bosques.
Así, o primeiro foi reflexionar sobre os materiais que temos dentro do Espazo Fedelleiro que poden vir dos bosques e os seus recursos, e facer unha selección dos mesmos.
Despois, os nenos e nenas que pasaron polo taller foron creando libremente sobre as mesas, facendo o noso Minimundo colectivo.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Creación Internivel,
Espazo Fedelleiro
Venres de Encurtas: Lava
martes, 22 de enero de 2019
Creación internivel
Durante a semana pasada no taller internivel descubrimos outro xogo ubicado no Espazo Fedelleiro:
OS TRONCOS, de Ludus Ludi.
Mediante este xogo de amontoar e equilibrio reflexionamos sobre a procedencia dos "troncos" e as posibles vivencias do material do que están feito, a madeira.
"Quizais estos troncos unha vez foron cerdeiras de incandescentes follas vermellas..."
OS TRONCOS, de Ludus Ludi.
Mediante este xogo de amontoar e equilibrio reflexionamos sobre a procedencia dos "troncos" e as posibles vivencias do material do que están feito, a madeira.
"Quizais estos troncos unha vez foron cerdeiras de incandescentes follas vermellas..."
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Creación Internivel,
Espazo Fedelleiro
lunes, 21 de enero de 2019
Mar Benegas Visita a biblioBN
Hoxe na BiblioBn recibimos unha invitada moi especial, Mar Benegas, poeta e escritora. Amante das palabras, coas que constrúe versos e contos, e as veces, cos versos e contos, constrúe libros. Así é como ela se define no seu blogue.
Tróuxonos un montón de historias coas que disfrutamos pequen@s e maiores.
Contos e poesías, as veces, con música e baile!
Pero antes de rematar, firma no noso libro de visitas e un agasallo 3D.
Grazas pola visita, desfrutamos moitísimo, e con ganas de máis!!!
Etiquetas:
Autores,
biblioBN informa,
Encontros,
EncontXos,
poesia,
poesías diversas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









