sábado, 4 de marzo de 2017
Cambio da bobina da impresora 3D
Parece que a impresora non está parada e xa gastamos unha bobina de filamento PLA.
Aprendemos os pasos para poder substituila.
Primeiro temos que retirar o filamento que aínda queda:
Despois colocamos a nova bobina e seguimos limpando ata que aparece a nova cor:
Xa está lista para seguir imprimindo!!!
Doazón de Eli Ríos
Máis libros chegan á biblioBN da man das persoas que forman xa parte desta comunidade educativa.
Eli Ríos deixou unha pegada moi emotiva e agasallounos con dúas das súas obras: Bicha e Marta e a píntega.
Grazas Eli
por facer medrar a nosa biblioteca
e a nós como lector@s!!!
viernes, 3 de marzo de 2017
Encontro: Cyber Robot
Anxo trouxo á escola o seu Ciber Robot para amosarnos como funciona por bluetooth e a app coa que se pode programar. Tamén vimos a súa placa arduino.
jueves, 2 de marzo de 2017
Doazón de Martín Cachafeiro e familia
A volta á escola deixou moitas sorpresas. Unha delas da familia de Martín que doou á biblioteca un libro dobre: El niño que tenía miedo de los robots-El robot que tenía miedo de los niños.
GRAZAS
polo libro
pola dedicatoria
e por facer medrar a nosa biblioteca!!!
Agardamos un EncontXo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








