lunes, 28 de mayo de 2012

miércoles, 23 de mayo de 2012

Martes 29 : Pinto & Chinto na biblioBN

Por fin!!! o vindeiro martes disfrutaremos da visita de David Pintor e Carlos López , nosos humoristas gráficos favoritos.
Deixaron recado de que levedes folios e lapis...
Para ir quentando motores o luns teremos un EncontXo arredor dun dos seus libros :"A maceira que daba calquera cousa menos mazás"


                                                   

miércoles, 16 de mayo de 2012

De Pesca con Valentín

Festexamos as nosas letras traballando a viñeta de Pinto & Chinto sobre o autor deste ano. Animamos a viñeta a nosa maneira e despois buscamos, en revistas e folletos, unha letra. Coa letra escollida buscamos, nos poemas da antoloxía : "Valentín Paz Andrade" , unha palabra que empezara por ela.

                                Tivemos unha boa pesca !!!

                         


E aquí está a pesca que fixemos en familia de noticias, datos e imaxes do homenaxeado.




Lembrade que tedes a vosa disposición os recursos para seguir traballando con Valentín. VER AQUÍ

Os Martes : Aberto

Todos os martes pola tarde podedes vir a pasar un rato na biblioBN e levar algún libro en préstamo.
Lembrade que tedes que traer o carné e un adulto que vos acompañe.



                            

lunes, 14 de mayo de 2012

Onde Viven os Monstros

O pasado xoves recordamos na biblioBN a Maurice Sendak e os eu libro máis famoso, despois despedímonos deste autor dando vida a un dos seus debuxos.