sábado, 19 de noviembre de 2011

biblioBN Informa

No recibidor da escola tedes o panel informativo da biblioteca , nel aparecerá  información sobre as exposicións temporais , novidades ...e tamén hai un lugar reservado para informar sobre os "Encontros" que na biblio teñamos con todos aqueles que veñan a informarnos de temas diversos e os "EncontXos" que teñamos arredor da boa literatura.



jueves, 17 de noviembre de 2011

Encontros biblioBN

Inauguramos os "Encontros biblioBN" coa visita dun profesional da fotografía .Queremos saber mais cousas sobre este apasionante mundo que empezamos a coñecer gracias a Aida na clase de TICS.

martes, 15 de noviembre de 2011

Poesías do Outono

Aquí tedes unha selección de poesías otoñais para que traballedes na aula e na casa. Poesías del otoño
View more presentations from Salvia

Un Magosto de Conto

O día do San Martiño celebramos o Magosto na nosa biblioteca coa lectura dun conto moi lambón "El Gato Tragón".
O conto máis as personaxes da animación están a vosa disposición na biblioteca para que recreedes esta divertida historia.



miércoles, 9 de noviembre de 2011

Recursos para o proxecto

Como xa sabedes o proxecto  a traballar neste curso escolar  é : 
"Un curso nun Bosque Animado"
e na biblioteca xa temos un lugar  no que atopar recursos para traballar .


Neste blog , na barra lateral , atoparedes máis recursos e actividades en :

                        UN BOSQUE ANIMADO
           
                           Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE

lunes, 7 de noviembre de 2011

Xogo a Ler

Este curso seguimos co "Xogo a Ler" , un achegamento lúdico ao maravilloso mundo da lectura.
A través desta actividade desenvolvemos moitas capacidades e habilidades , que van desde a selección do libro ata a reflexión sobre o mesmo , que recollemos no caderno e compartimos na aula cos nosos compañeiros.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

Tempo de Magosto


Toma castaña !!!
 
Xa estamos en novembro , o mes dos magostos .Pinchade na foto e atoparedes recursos para celebrar un magosto de Toma castaña !!!
Tamén podedes atopalos na barra lateral do blog :Recursos de temporada