O día do San Martiño celebramos o Magosto na nosa biblioteca coa lectura dun conto moi lambón "El Gato Tragón". O conto máis as personaxes da animación están a vosa disposición na biblioteca para que recreedes esta divertida historia.
Este curso seguimos co "Xogo a Ler" , un achegamento lúdico ao maravilloso mundo da lectura.
A través desta actividade desenvolvemos moitas capacidades e habilidades , que van desde a selección do libro ata a reflexión sobre o mesmo , que recollemos no caderno e compartimos na aula cos nosos compañeiros.
Queremos saber como se fai a deliciosa"Sopa de Calabaza"que da título á fermosa historia que escoitamos onte.
Escribide a receita coas vosas familias e despois podedes enviala ao blog ou levala á escola. Tamén queremos que cada titora redacte unha receita cos nenos e nenas da súa aula.