sábado, 30 de abril de 2022

Atelier creativo: Instalación Espacial

Coa chegada de novos materiais ao noso Espazo Fedelleiro a BiblioBN propón unha instalación espacial, que nos levará a exploración e interacción cos mesmos, dun xeito libre e lúdico, fomentando a  creatividade, simbolización...


 

Novidades BiblioBn





 

miércoles, 27 de abril de 2022

As familias contan: Mamá de Aylén

 As familias seguen a participar das lecturas na nosa biblioteca polo mes do Libro.

Este martes foi a mamá de Aylén, que contou, "Polo Camiño", de Mariana Ruiz, un conto de rimas festivas para contar e cantar



E se queres cantalo...

martes, 26 de abril de 2022

Martes Poesía-Express: Lavandeira

 Esta semana aconteceu algo incrible na aula rosa: o descubrimento dun nido con paxariños. Tralo descubrimento chegou a observación: cantos paxariños hai no nido, como son, cal é o seu nome… Os nenos e nenas de 5 anos escribiron un cartel moi importante para o seu coidado e conservación: 

“NO CERRAR LA PERSIANA. TENEMOS UN NIDO”.

Para seguir pescudando, un poema de Manuel María titulado “Lavandeira” sorpreunos neste martes de poesía express. Nel, o poeta galego descríbenos como é o seu camiñar, de que cor é a súa plumaxe e por que… 


Despois da escoitar o poema, os nenos e nenas de 3 e 4 anos acudiron a aula de 5 anos para poder ver o nido, e tamén a mamá lavandeira dando de comer aos paxariños. Logo, tiñan a misión de debuxar de xeito individual unha lavandeira, e aquí podedes ver algúns dos debuxos: 

lunes, 25 de abril de 2022

EncontrosBN: Encontro cun Arquitecto #barrionovoquerepationovo

Hoxe tivo lugar o segundo Encontro de Familias c@s Arquitect@s de Lupo para pechar o proxecto final da nosa reforma de patio, a cal pretende crear un patio acorde coa pedagoxía do noso centro, e que éste sexa unha continuación e prolongación do mesmo.

Neste proceso tanto @s nen@s coma as familias foron parte activa deseñando e participando

 
Incluso elaboraron os seus cadernos de arquitect@s onde recollían o refuxio, vexetación...




Este proxecto será presentado nos próximos días no concello co beneplácito, colaboración e participación de toda a comunidade educativa.
Pincha aquí para ver todo o proceso

Grazas familias pola vosa colaboración!!

Guía de Lectura Mes do libro: "Espazos que acubillan"


 

Novidades BiblioBN



 

sábado, 23 de abril de 2022

EncontXo Día do libro "Imaxina un mundo novo"

 Este venres celebramos o Día do Libro, que se conmemora o 23 de Abril

Para a súa conmemoración inauguramos o novo recuncho de Lectura, do noso Espazo Fedelleiro, que construímos en Familia, grazas á Biblioteca Creativa, e á artista Julia de la Cal.

"Espazos que acubillan os artefactos perfectos que nos conectan coa eternidade"
Xosé Ballesteros

A través da lectura do conto "Imaxina un mundo novo" transportámonos a ese mundo de imaxinación, lectura, soños... voando a través dos libros.

Despois do conto puidemos desfrutar do recuncho en compañía, velaiquí o resultado


Feliz Día Mundial do Libro!!



jueves, 21 de abril de 2022

As familias contan: Mamá Alejandra

Hoxe a mamá de Alejandra sumouse aos contacontos en familia da nosa BiblioBn polo mes do libro.
Contou un magnífico conto de Patricia Fitti, da Editorial Destino, "El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa", conto que trata de romper cos estereotipos de xénero e os prexuízos.
Grazas Familia!!
Animádevos a participar desta actividade da nosa Biblioteca!


 

miércoles, 20 de abril de 2022

Contacontos na Biblioteca de Pastoriza

Hoxe visitamos a biblioteca "Miguel Sande" de Pastoriza, para desfrutar dun contacontos que nos levou de viaxe polo planeta


Pero ademáis puidemos coñecer un pouco máis a biblioteca, e descubrir que esconde contos marabillosos, cheos de aventuras e información.
Un deles foi este conto xigante do espazo, que esperemos alguén volva por él en préstamo.

Os libros fan medrar a nosa imaxinación!
Entra e desfruta!!
 

Martes Poesía-Express: El Señor Don Libro

Este Martes, da man do Profe Pablo, coñecimos a poesía "El Señor Don Libro" de Gloria Fuertes, do seu libro "Versos Fritos", que nos fala da necesidade de coller un libro e darlle calor, darlle calor a través da súa lectura.
Despois da Lectura escollemos contos para darlle "calor", ler e reproducir o lema "Mes do libro"


Ler "Cultiva a saúde"

 

viernes, 8 de abril de 2022

As familias Contan: Yaya Isa

Voltan as boas costumes e na BiblioBN convidamos ás familias a ler na nosa biblioteca.
A Yaya Isa foi a primeira en estrearse e máis por partida dobre.
Animádevos a vir e compartir lecturas que nos fagan...Voar!
Grazas familia!!!





 

Venres de encurtas: Matches

viernes, 1 de abril de 2022

Día das Artes Galegas

Inauguramos o mes de Abril homenaxeando a Laxeiro, protagonista do noso calendario e que traballaremos ao longo deste mes a partires da súa obra "A Cor", que coa nosa imaxinación pode levarnos incluso... ao Espazo Exterior! que pensarán @s nen@s

 

Fedelleiro nas aulas


 

Arrinca o Mes do Libro na BiblioBN!


Poderás vir a BiblioBN a ler un conto!
Voltan as boas costumes!
Anímate e comparte lecturas connosco!
Podes consultar aquí o noso catálogo para escoller a túa lectura, visitar a nosa biblio ou pedir recomendacións ás mestras.

(Preme na imaxe para consultar o catálogo da BiblioBn)
Fala coas mestras para reservar o teu día e vir ler connosco!!



 

Venres de EnCurtas: Much better now