jueves, 14 de marzo de 2019

Encontros BN: Plan de xestión de residuos

Hoxe tivo lugar no centro un obradoiro no que aprendimos un pouco máis da xestión de residuos.
Dende o concello viñeron a contarnos en qué consiste o seu plan de xestión, e a presentarnos os novos contedores instalados en todo Arteixo.

Falamos da necesidade de reciclar e cómo debemos facelo.

Por último puxemos en marcha o aprendido botando cada cousa no colector correspondente.
Despois, xa nas aulas, aproveitaremos para traballar unha recente noticia do xornal que fai referencia a instalación deste novo sistema de xestión e que foi a noticia destacada no noso novo recuncho da Hemeroteca.

miércoles, 13 de marzo de 2019

Martes Poesía-Express: Poesía Multisensorial

Este martes a profe Silvia presentóunos unha marabillosa poesía visual e sensorial.

A poesía foi xurdindo a medida que se enchían todos os recipientes.
 E despois de disfrutala...puidemos sentila!!




lunes, 11 de marzo de 2019

Celebrando o 8M na BiblioBn

Hoxe celebramos o día da Muller na BiblioBn visionando o video realizado polos nen@s, a semana pasada, das nosas mulleres traballadoras.
Depois tivemos un Encontxo 
"La vida secreta de las mamás"
Para este encontxo tivemos a visita dunha detective que nos descubriu unha morea de cousas das que fan as nosas mamás traballadoras.

Por último, aproveitando que comeza a semana da prensa, e tiñamos prensa que falaba do 8M, inauguramos o novo recuncho da BiblioBN, a HEMEROTECA.
Este recuncho contará cun espazo para noticias destacadas

Nel iremos colocando os xornais que a diario chegan a escola, e xa estamos a utilizar nas aulas no traballo diario.
Por último botamos unha ollada aos xornais destes días, e descubrimos, que o do día 8, trae moita de información do Día da Muller Traballadora, polo que o aproveitaremos para seguir traballando estes días.

jueves, 7 de marzo de 2019

Atelier III: Carautas de entroido

Estes días no Espazo Fedelleiro tivemos un novo atelier no que fixemos caratuas para o entroido.
Cada unha levaba un led que acendíamos cun pequeno circuito e máis un clip.
No seguinte video podedes ver o proceso