lunes, 11 de marzo de 2019

Celebrando o 8M na BiblioBn

Hoxe celebramos o día da Muller na BiblioBn visionando o video realizado polos nen@s, a semana pasada, das nosas mulleres traballadoras.
Depois tivemos un Encontxo 
"La vida secreta de las mamás"
Para este encontxo tivemos a visita dunha detective que nos descubriu unha morea de cousas das que fan as nosas mamás traballadoras.

Por último, aproveitando que comeza a semana da prensa, e tiñamos prensa que falaba do 8M, inauguramos o novo recuncho da BiblioBN, a HEMEROTECA.
Este recuncho contará cun espazo para noticias destacadas

Nel iremos colocando os xornais que a diario chegan a escola, e xa estamos a utilizar nas aulas no traballo diario.
Por último botamos unha ollada aos xornais destes días, e descubrimos, que o do día 8, trae moita de información do Día da Muller Traballadora, polo que o aproveitaremos para seguir traballando estes días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario