O ourizo ten fame. No alto dun Manzano viu unhas mazás vermellas. Están demasiado altas. Non sabe trepar. E o seu estómago roxe. Conseguirá ser máis listo que a fame? Pide axuda ao paxaro, pero é moi egoísta, e cómese as mazás el só. Pide axuda á xirafa, pero próbaas e vaise. Cando chega o elefante, a fame xa lle aguzou o enxeño ao ourizo, e consegue que o elefante lle axude sen darse conta. O estilo das ilustracións de Gustavo Roldán, cun dominio de trazos en vermello e negro, consegue facer desta historia, escrita por el mesmo, un álbum fresco e simpático, que ensinará aos nenos para solucionar os problemas con intelixencia e enxeño.

No hay comentarios:
Publicar un comentario