jueves, 24 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas 24: "Por un futuro sostible"



O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

Para conmemorar esta data tan importante reunímonos na biblioBN para analizar o cartel deste ano e coñecer diferentes bibliotecas en entornos naturais. 



Despois fixemos unha nova intervención no noso patio reutilizando materiais cos que construímos un recuncho para lectura no exterior.


Como remate fixemos entrega dos carnés da nosa biblioteca aos novos usuarios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario