martes, 13 de junio de 2023

Taller Tic curso 22-23: Agasallos 3d

Tal e coma recolle o currículum de Educación Infantil, nesta etapa, iniciase o proceso de alfabetización dixital que supón, entre outros, o acceso a información, a comunicación e a creación de contidos a través de medios dixitais, así coma o uso saudable e responsable das ferramentas dixitais. Ademáis, o uso e a integración destas ferramentas nas actividades, experiencias e materiais da aula poden contribuir a aumentar a motivación, a comprensión e o progreso na adquisición de aprendizaxes das nenas e dos nenos.
Tendo isto en conta, e apoiando dende o Taller Tic o aprendizaxe da lectoescritura, dun xeito significativo e motivador, estivemos a realizar as nosas letras con diferentes programas para imprimilas despois na nosa impresora 3D.
Este é o resultado en cada aula

Aula de 3 anos: ESCRIBIMOS A NOSA INICIAL


Aula de 4 anos: ESCRIBIMOS O NOSO NOME EN MAIÚSCULA

Aula de 5 anos: ESCRIBIMOS O NOSO NOME EN MINÚSCULA


 E así é o proceso...










No hay comentarios:

Publicar un comentario