miércoles, 11 de mayo de 2022

Reto: Os Aneis de Saturno

Esta semana Barri, na BiblioBn, tíñanos preparado un novo experimento planetario. Despois de achegarnos, e falar do que viamos, chegamos a conclusión de que podería ser Saturno. As pedras serían os seus satélites, que sabiamos eran rochosos, pero... porqué cando os vemos parecen aneis?

Imos a comprobalo!

Parece que xira!

Despois recordamos a información de Saturno, do apartado de Recursos do blogue, que a diario consultamos na clase a través das rutinas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario