martes, 10 de abril de 2018

Onde se encontran os escornabots?: Leoteca Canosa-Rus


Un ano máis compartimos experiencias escornabóticas coa Leoteca de Canosa-Rus.


O alumnado de infantil amósanos as plantillas do seu proxecto: Lendario.


As voluntarias de 6º deixáronnos abraiados co panel de reciclaxe para facer circuitos en inglés.


Os nosos nenos e nenas de 4º explicáronlles en que consiste a Okupación Escornabótica.


 Os de 5º a modificación que fixeron no avance do escornabot para que pase de andar 10cm a 15cm.


 Os de 6º falaron da modificación que lle fixeron no xiro, para que en vez de xirar 90º xire 60º.


Rematamos cun circuito:


 Grazas a estos nenos e nenas e as súas mestras por compartirnos o seu proxecto escornabot!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario