viernes, 3 de noviembre de 2017

Encontro: Día da Ciencia en Galego

Abrimos o Mes da Ciencia en Galego coñecendo as propostas de traballo das bibliotecas galegas e a do Día da Ciencia en Galego:


Facemos nosa a proposta de investigación sobre a Carta Xeométrica de Domingo Fontán englobándoa dentro do proxecto deste curso.
Lembramos os mapas de Galicia que temos  traballado ata o momento: o actual e o das 7 provincias.
E presentamos o de Fontán:

Este vídeo achéganos a primeira información sobre o marabilloso traballo deste cartógrafo que percorreu Galicia para facer o primeiro mapa no que aparece dividida en catro provincias:
               

          


   "Foi o primeiro en debuxar
 o verdadeiro rostro da nosa terra"
(Ramón Otero Pedrayo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario