sábado, 14 de mayo de 2016

Proxecto "Escornabots na Biblioteca Escolar"

Somos un dos 20 centros elexidos para participar neste proxecto e así avanzar no coñecemento da linguaxe da programación desde a nosa biblioteca.
Por eso, a biblioBN estivo onte nunha maratoniana xornada en Santiago:
Construimos o primeiro dos catro escornabots que recibiremos:




Os outros tres montarémolos entre todos na biblioteca.

Aprendimos a programar co arduino e así poder variar a distancia de percorrido do robot:


E finalmente vimos a impresora 3D en acción imprimindo as rodas do escornabot:


Hai que aprender un pouquiño máis sobre ela para poder traela de visita á biblioteca.

Preparádevos ... a aventura escornabótica está en marcha !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario