lunes, 21 de noviembre de 2011

Encontro con Jose Fernández

Hoxe recibimos a visita do fotógrafo Jose Fernández , propietario do estudio de fotografía "Fersal".
Explicounos , dun xeito moi ameno , en que consisitía o seu traballo e así amosounos fotografías de distinta temática :retratos , paisaxes , fotografías para catálogos , reportaxes de boda...
Trouxo a cámara reflex que él emprega para traballar , ensinounos os obxectivos e o flash.
Explicounos como chegan as fotos desde a cámara ata as nosas mans...
Despois quixemos ensinarlle as fotos que sacamos na visita a Fraga de Sisalde , que lle gustaron moito.
Por último un de cada clase , e a súa afillada Icía , tivemos a oportunidade de quitar unha foto coa súa cámara.
Para rematar o encontro sacounos unha foto a todos xuntos.
Pareceunos que o traballo de Jose é moi divertido e interesante , e tamén que ten que ter moita paciencia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario