martes, 27 de mayo de 2025

As familias contan: Familia de Luana

 “Bailar nas nubes”


 A través do soño dunha nena que desexa bailar coas nubes, este libro reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural e do respecto entre persoas de diferentes procedencias. As súas páxinas, nas que se aprecia unha presenza constante do folclore latinoamericano, contan a historia dun pobo que vai crecendo co paso do tempo, con novos habitantes que constrúen fogares e comparten experiencias colectivamente.

Este foi o precioso conto que trouxo Luana e o seu Pai 


Grazas Familia!



jueves, 22 de mayo de 2025

PRODUCTO FINAL PDI: INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA COMUNIDADE


 A través desta escultura de refugallo queremos visibilizar a cantidade de plásticos que xeneramos a diario, principalmente nas merendas. Asímesmo concienciarnos da necesidade se reciclalos e fundamentalmente non tirar ao chan, xa que estes poden rematar finalmente no Mar.

O traballo da saúde ambiental é un dos obxectivos finais  do noso proxecto e a cal repercutirá no benestar da nosa saúde xeral

domingo, 18 de mayo de 2025

Encontros BN: Celebrando as letras con Ana Edreira

Hoxe na biblioBN conmemoramos o Día das Letras Galegas co obradoiro "As cantareiras" a cargo de Ana Edreira, directora das pandereteiras de Xacarandaina e nai dun antiguo alumno da nosa escola.



 

Grazas a ela puidemos coñecer un pouquiño máis sobre as homenaxeadas nas Letras Galegas 2025 e compartimos algunhas tradicións galegas (coplas, instrumentos, bailes...).


Moitas grazas Ana!