jueves, 7 de noviembre de 2019

EncontXo Científico

 Onte inaguramos o Mes da Ciencia en Galego cun EncontXoBN do libro "ADA, MAGNÍFICA, CIENTÍFICA" da Ed. BEASCOA



Despois tivemos a presentación do noso novo Atelier Creativo: xogamos coa ciencia.

No Espazo Fedelleiro temos varios experimentos cos que coñeceremos mellor o método científico e os seus pasos durante este mes de novembro.

Rematamos o EncontXo coa realización du experimento chamado "Canto viven os plásticos?" co que pretendemos averiguar que é o que pasa cando un residuo plástico queda na terra. Para iso metimos nun recipiente con terra varios residuos plásticos e orgánicos recollidos nas merendas e formulamos hipóteses de que podería ocorrer.




Agora nos queda rexistrar mediante fotografías o resultado.



 

miércoles, 30 de octubre de 2019

Okupación Escornabótica #mesturarte

Todo preparado con plantillas relacionadas co noso proxecto #mesturarte, 1 escornabot, cámara de fotos, 1 conto, 1 DVD, e a libreta onde recolleremos toda a experiencia. 
Desfrutade en familia!!

Poesía-Express do Samaín: Monstruos patas arriba

A profe Desi sorprendeunos coas arrepiantes rimas de "Monstruos patas arriba" da Ed. Vicens Vives.



Despois demostramos a nosa valentía xogando co medo e metendo a man en caixas con miolos, ollos, tripas... 
Para rematar abrimos as caixas e descobremos o que en realidade contiñan (espaguetes, xelatina con olivas, luva con cenoria e iogur).




Pasámolo de medo!!!