jueves, 7 de marzo de 2019

Atelier III: Carautas de entroido

Estes días no Espazo Fedelleiro tivemos un novo atelier no que fixemos caratuas para o entroido.
Cada unha levaba un led que acendíamos cun pequeno circuito e máis un clip.
No seguinte video podedes ver o proceso


martes, 26 de febrero de 2019

Martes Poesía-Express: "Chove en Santiago"

Este martes para gozar da Poesía Express baixamos ao Espazo Fedelleiro, onde nos estaba a esperar unha instalación con pinguiñas de auga feitas na nosa impresora 3D e o retroproxector cunha sorpresa que preparou Alba.

As pinguiñas fóronas deseñando todo o alumnado coa axuda da aplicación  Doodle3D durante o Taller Internivel.


No retroproxector agardaba o título do poema de Federico García Lorca "Chove en Santiago" e mentres soaba de fondo o poema cantado por Luar Na Lubre observamos o que ocorría.


Despois xogamos coas pinguiñas da instalación para rematar a Poesía Express.


lunes, 25 de febrero de 2019

Día de Rosalía 2019: #libreOMeuPensamento

Hoxe pechamos a celebración do Día de Rosalía co visionado do video realizado polo equipo de normalización, a partires do traballo do cartel deste ano #libreOMeuPensamento. 
Ver aquí todo o proceso

E máis unha gran sorpresa que apareceu no noso patio despois de regar o poema sensorial da poesía express da semana pasada.

viernes, 22 de febrero de 2019

EncontXo Entroido: os mandadiños do Grúfalo

Hoxe Irene presentounos o conto do Grúfalo, o cal serviu de inicio o entroido cos seus mandadiños.
Cada día O Grúfalo "mandará" unha das cousas que deberemos traer cada día da semana.


Escaneando o Grúfalo co Aurasma poderemos ver os videos dos mandadiños.

Despois de ver o primeiro dos videos decoramos o Grúfalo co primeiro mandadiño "plumas".
Seguide ben atentos!!