Nova adquisición para o Espazo Fedelleiro: unha lona que colgamos da estructura de madeira e na que podemos proxectar en pantallla completa:
viernes, 16 de marzo de 2018
Nova lona para os Momentos Retro
miércoles, 14 de marzo de 2018
Programando os xiros do escornabot
Unha nova plantilla chega ao Espazo Fedelleiro, pero comprobamos que o escornabot non pode percorrela xa que non é capaz de seguir as liñas.
Que faremos?
Aprendemos dos graos que miden as curvas cos xiros do escornabot. Percorremos un círculo, un semicírculo e un cuarto e vemos que os xiros son cada vez a metade do anterior:
O xiro de 90 graos do robot sobrepasa o ángulo da plantilla. Recortamos para saber o que precisamos:
E medimos o ángulo que queda:
Temos que cambiar o xiro a 60 graos. Lembramos que para modificar a programación temos que facer unha conta chamada "regra de tres" coa axuda das mestras e a calculadora facémola:
Despois cambiamos a cifra no Arduino e cargamos o escornabot:
Agora toca probar que funciona:
Marcamos o escornabot e a caixa para saber que este xira diferente:
martes, 13 de marzo de 2018
Encontro Musical: Nicolás o valente
Hoxe na biblioBN volvemos gozar coa música grazas a Lorena e o seu Saxofón que nos contaron a historia de "Nicolás o valente".
Actividade promovida polo Concello.
EncontXo: O branco non pinta
O branco non pinta ... ou si? Votamos antes de escoitar a historia de Antía Otero e María Brenn.
Mostramos os cadrados brancos de distintos materiais que aportaron as familias para traballar este conto e a Malevich.
Martes Poesía-Express: Don Tomé
viernes, 9 de marzo de 2018
Momentos Retro no Espazo Fedelleiro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













