viernes, 14 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

Hoxe celebramos o Magosto na escola, onde non faltaron as nosas familias, os xogos de tradición, a degustación de castañas e unha boa fouliada.

Moitas grazas a ANPA pola axuda e colaboración, a Paula, mestra en prácticas polo achegamento a cultura galega, e a todas as familias pola participación no día de hoxe.
 


Venres de EnCurtas: Chegou o magosto

 

miércoles, 12 de noviembre de 2025

Poesía express: O ourizo

 Teatro de sombras para representar o poema “O Ourizo” de Manuel María



EXPER-CIENCIA NAS AULAS

Tralo encontro na Biblio BN para inagurar o mes da ciencia, os tres experimentos empezaron a viaxar polas aulas.


Os nenos e nenas da aula rosa, puideron achegarse un pouco máis as nubes e intentaron simular unhas. Primeiro, cubrimos os botes de auga ata a marca. 
Despois, enchemos de espuma.
E por último, botamos colorante. 
Aquí deixamos o rexistro do proceso.


Na aula laranxa experimentaron co principio de densidade e comprobaron como o ovo flota na auga salgada porque a densidade desta é maior.


viernes, 7 de noviembre de 2025

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co motivo da celebración do mes de novembro como o mes da ciencia nas bibliotecas escolares desfrutamos dun EncontXo a partir do libro "Ada nagnífica científica" de Beascoa. A través deste conto rimado coñecemos unha nena con grandes inquedanzas científicas.

A continuación descubrimos tres experimentos recollidos no libro "Experciencia" de Cumio editorial que irán rotando polas aulas durante todo o mes.






Venres de EnCurtas: Mes da ciencia nas bibliotecas escolares

 

lunes, 3 de noviembre de 2025

AMBIENTES DE APRENDIZAXE II

CONTINUAMOS A ROTAR POLOS AMBIENTES DE APRENDIZAXE. ESTA SEMANA ESTRÉANSE AS NENAS E NENOS  DE 3 ANOS DA AULA ROSA E O SEU AMBIENTE DE APRENDIZAXE "VIDA PRÁCTICA"

-FEDELLEIRO (Espazo Fedelleiro)






-LÓXICA E ARQUITECTURA (Aula laranxa)


-LECTOESCRITURA E ARTE (Aula azul)

-VIDA PRÁCTICA (Aula rosa)