lunes, 6 de mayo de 2024

Tardes de Biblio en familia: O oso e o piano

 Un dia, no bosque, un osiño atopou algo que non vira nunca. –Que será esta cousa tan estraña? –pensou. E con medo, tocouna cos súas pequenas e robustas poutas... Co tempo, o oso aprendeu a tocar o estraño instrumento. Un día, por casualidade, os fermosos sons do piano chegaron a oídos dun pai e o seu fillo, que xantaban no bosque. O oso acompañounos nunha incrible viaxe, e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu a fama, a fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás. Unha emocionante historia de exploración e pertenza



As familias contan pero en Maio…EN GALEGO

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor…

 Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.

 Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.

Esta magnífica e sinxela historia foi a elexida por Julia e Adriana para contarnos neste mes das letras.

GRAZAS FAMILIA!




 

 

sábado, 4 de mayo de 2024

As familias contan: Volcán

 Na illa de Sállvora vive Volcánn, o cabalo máis salvaxe de todos os que viven alá. Un día Volcán viu algo que flotaba na agua e comezou a correr. Correu ao galope, máis que nunca, e os outros cabalos, eguas, gaivotas e corvos quedaban sen alento vendo o que facía.Unha divertida historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das Illas Atlánticas a travéss da historia de Volcán, un valente cabalo que soña que é libre para correr ao galope sen límites por terras onde acontecen cousas extraordinarias

Este conto foi o escollido por Idris e a súa nai para contarnos na biblioteca este mes das letras.

GRAZAS FAMILIA!




viernes, 3 de mayo de 2024

Etiquetando o noso novo horto

Aproveitamos as ferramentas do noso Espazo Fedelleiro para elaborar os nosos carteis para a nova horta



 

Minimundos bechos

Deseñamos, imprimimos na 3D e finalmente decoramos cos rotus Posca.
Así de chulo quedou o noso novo minimundo para a aula e o noso proxecto de bechos.

 

Venres de EnCurtas: Orellas de Bolboreta

 No día de onte conmemorouse o Día Contra o Acoso Escolar, e para traballalo dende a escola propoñemos este marabilloso conto de Kalandraka, "Orellas de Bolboreta"