miércoles, 12 de abril de 2023

EncontRos BN: Paula Carballeira

 Paula Carballeira, escritora, actriz e narradora oral, entre outras facetas, visitará a nosa escola para compartir en familia o xeito de ler e contar contos, como ela tan ben o fai.

Luns 17 ás 16:00h

Esperámosvos!














martes, 11 de abril de 2023

STOP MOTION: Preparamos espazos

Despois dos dinosaurios: A prehistoria! Na aula azul preparan o novo espazo!






Martes Poesía-Express: Jugando

Voltamos cun poema de Ángela Figuera Aymerich extraído de "44 poemas para leer con niños" de Mar Benegas.









ENCONTROS BN: COMPARTINDO INFORMACIÓN: O LUME

A pasada semana a profe María trouxo ao cole a súa investigación sobre o lume: como o descubriron na prehistoria, que elementos naturais empregaban para poder facelo, os diferentes usos que tiña... 

martes, 4 de abril de 2023

ENCONTROS BN: COMPARTINDO INFORMACIÓN: AS FERRAMENTAS NA PREHISTORIA

Esta semana o Espazo Fedelleiro encheuse de elementos prehistóricos. A profe Silvia trouxo a súa investigación sobre as ferramentas ao longo da Prehistoria, e como estas foron evolucionando. Descubrimos que elementos empregaban para recolectar, cazar, sobrevivir... como os utilizaban e quen.