lunes, 12 de octubre de 2020

EncontXos BN: Online Storytelling II

 Como cada venres Katrina compartirá historias dende a BiblioBN, a través da rede e con todo o centro.

Un novo xeito de compartir historias debido a situación actual.

Este venres comezarán as historias de medo, xa que preto temos o Samaín ou Halloween.


Hoxe contounos "Five Little Pumpkins" e despois escoitamos a canción.



jueves, 8 de octubre de 2020

Tardes de Biblio con Sentidiño!

Voltan as tardes de biblio a nosa escola!


Se queres vir a desfrutar da Biblio deberás respetar a túa quenda. 
Cada aula terá un día asignado. 
Aquí tes o calendario por cores.

Poderás vir acompañado dun adulto e seguindo as medidas de seguridade:


Ven a visitarnos e segue a desfrutar de contos, xogos (...) ademáis de préstamos para levar a casa.
A BiblioBN non para! 

lunes, 5 de octubre de 2020

Encontros BN na rede: Reto 1


Este luns retomamos os Encontros na BiblioBn, pero coma non podemos xuntarnos todos decidimos facelos a través da rede.
O encargado de inauguralos foi o encontro de motivación do noso proxecto #camiñanteSIhaicamiño.
Dúas peregrinas moi especiais, Katrina e Lara, lanzaban un reto dende a Biblio, descubrir cal é o primeiro camiño que vamos a coñecer. Para isto deixaron unha pista relacionada coa Torre de Hércules, xa que aquí  parte este camiño.
Sabedes que camiño é?
Tedes un resumo do que aconteceu neste video:

 
Nesta chamada as dúas peregrinas móstrannos unha fermosa canción, de creación propia, e que podedes escoitar a continuación

E ti? Resolverás o reto? Vémonos nuns días!!

sábado, 3 de octubre de 2020

EncontXos BN: Online Storytelling

Katrina is back!!

 Tódolos venres dende a BiblioBn "Storytelling" a cargo de Katrina. 

Cada venres un conto ou canción en Inglés a través de Skype. 
Por medio desta actividade poderemos ver a súa pronuncia, que na clase non vemos por mor da mascarilla.




viernes, 25 de septiembre de 2020

Venres de EnCurtas: Outono en Barrionovo

Estreamos os Venres de EnCurtas con esta pequena curta na que os nosos nen@s son os protagonistas.

Emulando o conto de Ramón, de Jesús Cisneros, que estivemos a traballar esta semana, sacamos os paraugas para recibir o Outono en Barrionovo.