miércoles, 24 de enero de 2018

Impresión 3D: Torque

Imprimimos en branco o torque que nos acompaña desde setembro para identificar a Historia do noso país:


Dámoslle cor cun acrílico amarelo óxido de ferro.



Forramos un anaco de cartón con papel de seda marrón e pegámolo enriba:



 

Impresión 3D: Trisquel

Grazas ao deseño 100hex de Camcar imprimimos un molde co que perfilar o noso trisquel. 
Axudámonos de pasta de modelar branca e un paliño.
Unha vez seco démoslle cor con acrílico e esponxa.



Impresión 3D: Escáner

Onte pola tarde, as mestras, estivemos a probar o escáner 3D para poder implementar o seu uso co alumnado.
Escaneamos unha bobina de madeira e un dado brando e imprimimólos.



martes, 23 de enero de 2018

O Ciclo do Entroido: Domingo Fareleiro

Os xornais deste luns recollían a nova dos primeiros festexos do Entroido ourensá.
O terceiro domingo antes do Entroido, en Xinzo De Limia, abren os festexos co Domingo fareleiro .

Nesta batalla as únicas armas permitidas son o farelo e a fariña.
 
         

Encontro: Redeiras

Hoxe disfrutamos e aprendimos con Rosa e Mª Jesús da Asociaciación de Redeiras Illa da Estrela de Corme.
Posta en valor do traballo destas mulleres e da súa adaptación aos tempos actuais.
Coñecimos as artes de pesca da nosa terra e convertímonos en mariñeir@s e redeir@s.



lunes, 22 de enero de 2018