sábado, 6 de mayo de 2017

Viaxamos á Galaxia Casares

Estas estrelas non son outras que as obras de Carlos Casares. 


Ao tempo que lemos, imos colocando na constelación que se nos indicaca as portadas dos libros dos que se vai falando. Usamos un planisferio celeste:



Colocamos o planisferio na entrada  da escola xunto á selección de lecturas:


Durnate este mes seguiremos a viaxar por esta Galaxia: Galaxia Casares.

Medremos en Galego! : Mamá de Nicolás

Rocío volve a contarnos no Mes das Letras, esta vez a historia duns Chibos Chibóns.



A Chave coa que pechamos o Mes do Libro




Non é unha chave calquera ... é a chave que pecha a primeira lectura que fixemos nas actividades da Semana do Día do Libro.E a chave coa que a biblioBN agasalla aos seus lectores e pecha o Mes do Libro.
Buscamos no repositorio Thingiverse unha chave para imprimir en 3D. Nas aulas escribimos o lema: Porque a Imaxinación é Libre.



O venres cada encargado recolle as chaves dos seus compañeir@s na biblioBN.


Levámolas para casa para empregalas se un día a nosa imaxinación decide pechar.




Porque a Imaxinación é Libre
e os Libros fannos Libres !!!

miércoles, 3 de mayo de 2017

Non Somos Robots: Bits 13



Medremos en Galego! : Mamá de Lucía

Seguimos a medrar cos vosos contos.
En Maio EN GALEGO!

Sonia convidounos A mellor sopa do mundo, unha sopa que sabe a amizade, colaboración  e cousas pequenas e sinxelas. Mellores ingredientes non podía ter!!!