martes, 15 de noviembre de 2011

Poesías do Outono

Aquí tedes unha selección de poesías otoñais para que traballedes na aula e na casa. Poesías del otoño
View more presentations from Salvia

Un Magosto de Conto

O día do San Martiño celebramos o Magosto na nosa biblioteca coa lectura dun conto moi lambón "El Gato Tragón".
O conto máis as personaxes da animación están a vosa disposición na biblioteca para que recreedes esta divertida historia.



miércoles, 9 de noviembre de 2011

Recursos para o proxecto

Como xa sabedes o proxecto  a traballar neste curso escolar  é : 
"Un curso nun Bosque Animado"
e na biblioteca xa temos un lugar  no que atopar recursos para traballar .


Neste blog , na barra lateral , atoparedes máis recursos e actividades en :

                        UN BOSQUE ANIMADO
           
                           Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE

lunes, 7 de noviembre de 2011

Xogo a Ler

Este curso seguimos co "Xogo a Ler" , un achegamento lúdico ao maravilloso mundo da lectura.
A través desta actividade desenvolvemos moitas capacidades e habilidades , que van desde a selección do libro ata a reflexión sobre o mesmo , que recollemos no caderno e compartimos na aula cos nosos compañeiros.


miércoles, 2 de noviembre de 2011

Tempo de Magosto


Toma castaña !!!
 
Xa estamos en novembro , o mes dos magostos .Pinchade na foto e atoparedes recursos para celebrar un magosto de Toma castaña !!!
Tamén podedes atopalos na barra lateral do blog :Recursos de temporada

Manifesto polo álbum ilustrado

Aquí tedes un manifesto a favor do album ilustrado , xénero literario que empregamos a cotío nas nosas aulas co noso alumnado.
No enlace que tedes ao pé do manifesto vai a traducción do mesmo.



  http://pequenhaciudad.blogspot.com/2011/10/manifiesto-por-el-album-ilustrado.html

sábado, 29 de octubre de 2011

Buscamos receitas de Sopa de Cabaza

Queremos saber como se fai a deliciosa "Sopa de Calabaza" que da título á fermosa historia que escoitamos onte.


Escribide a receita coas vosas familias e despois podedes enviala ao blog ou levala á escola. Tamén queremos que cada titora redacte unha receita  cos nenos e nenas da súa aula.

Quen queira volver a ver o conto aquí en Un Samaín de Conto