lunes, 27 de octubre de 2025

BIBLIOTECA ESCOLAR + DESEÑO = VIAXE Á CREATIVIDADE

 Desde bibliotecas escolares lanzan unha proposta creativa a través do deseño que acompaña desde o inicio a comunicación escrita, que é orixe de tipografías, logotipos e páxinas, que consegue achegar a información da maneira máis impactante ou máis sutil.


Por iso no ámbito de aprendizaxe adicado á arte e a lectoescritura acabamos de inaugurar o "ABC lab". Onde experimentaremos cos carteis propostos de diferentes tipografías de letras para despois crear as nosas propias..




miércoles, 22 de octubre de 2025

EncontXo: Os libros non son para os osos

Para conmemorar o Día das Bibliotecas fixemos un Encontxo na nosa, a biblioBN, con todo o alumnado e visionamos distintas bibliotecas.





lunes, 20 de octubre de 2025

Tarde de Biblio en familia: Os libros non son para os osos

Na semana da conmemoración do Día das Bibliotecas, lemos un conto que nos fala de que os libros e as bibliotecas son para todas e todos.







"A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS."





Despois da lectura proxectamos pequenos espazos lectores para todos os animais empregando materiais non estructurados.










miércoles, 15 de octubre de 2025

lunes, 13 de octubre de 2025

Ambientes de aprendizaxe I

 A semana pasada arrincaron 3 dos ambientes de aprendizaxe. En grupos mixtos @s nen@s rotarán semanalmente por eles:

-Ambiente FEDELLEIRO 








-Ambiente de LÓXICA e ARQUITECTURA






-Ambiente de LECTOESCRITURA E ARTE



domingo, 12 de octubre de 2025

COMEZAN AS INVESTIGACIÓNS DO PDI #aMáquinaDoTempo

 

Despois da visita da nosa "Ramona", a Dona do Tempo, na aula de 6º de E.I. houbo un obxecto que suscitou moita curiosidade:

A MÁQUINA DE ESCRIBIR

Polo que a nosa viaxe polo tempo, vainos levar ás orixes da escritura e aos inventos e aparellos relacionados!!



Búscamos información nos fondos da BiblioBN









NOVIDADES OUTUBRO










 

lunes, 6 de octubre de 2025

A máquina do tempo comeza a súa viaxe!

 Hoxe deu comenzo o PDI deste curso cunha presentación sensorial na BiblioBn

O tic-tac do reloxo e Ramona Órbita foron as protagonistas

“Ramona” acudiu ás aulas para invitarnos ao evento




Xa na Biblio o tempo foi pasando e obxectos do pasado foron emerxendo 


Nas clases poderemos investigar: cómo se inventaron, a súa evolución, uso, etc.

Algúns deles tamén pasarán a formar parte dos nosos ambientes de aprendizaxe.