viernes, 22 de noviembre de 2024

Intervención artística 25N

Este curso queremos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero cunha intervención artística na entrada da nosa escola para o que necesitamos a axuda e colaboración das familias.

O vindeiro luns ao chegar, vos invitamos a escribir nos cristais da entrada unha palabra que fomente o respecto e o cariño nas relacións entre persoas.

Porque a importancia do respecto e a loita contra a violencia é cousa de todos/as e cada un/ha de nós.




Mulleres en acetato de cores cortadas coa Impresora de corte.






Asamblea cantada

O Día da Música comezou en Barrionovo cunha asamblea cantada na biblioBN.





Venres de EnCurtas: Automne

 

martes, 19 de noviembre de 2024

Mochilas fedelleiras viaxeiras!

Arrinca o préstamo das mochilas fedelleiras deste curso 24-25
As mochilas viaxarán de casa en casa semanalmente.
Deberán vir de volta o luns seguinte.
Procurade revisar o estado dos xogos de volta á escola.
Calquera incidencia comunicádello as profes.
GRAZAS!
Desfrutade do préstamo!!




 

lunes, 18 de noviembre de 2024

jueves, 14 de noviembre de 2024

Ambientes de aprendizaxe

Comezamos este xoves cos ambientes de aprendizaxe ubicados en distintos espacios do centro que o alumnado, repartido en grupos internivel, irá coñecendo cada xoves dunha maneira rotativa.

Ambiente Musical





Ambiente Sensorial




Ambiente Natural




Ambiente Tecnolóxico


 

miércoles, 13 de noviembre de 2024

Impresión 3D: Moldes para plastilina

Modelos anatómicos extraídos do repositorio online Thingiverse.





ENCONTROS BN: A RCP

Este xoves visitou o Espazo Fedelleiro Miguel Ángel Viqueira Castelo, autor do libro "Manual de Soporte Vital Básico y DESA" da Ed. UNO.
Neste encontro Miguel ensinounos a importancia de chamar ao 112 no caso dunha emerxencia médica e cómo proceder de ter que realizar una Reanimación Cardiopulmonar e facer a Posición Lateral de Seguridade.

 



Moitas grazas Miguel!!!!