viernes, 21 de junio de 2024

Agasallo 3D: Litofanías do alumnado da aula laranxa

 As nenas e nenos da aula Laranxa rematan no noso cole e como agasallo estamos a preparar estás Litografías coas súas fotos








martes, 18 de junio de 2024

Rematando Perigo!Natureza

 

 REMATAMOS O PROXECTO DO CURSO 23-24 FACENDO UNHA ACCIÓN DIRECTA NO BARRIO. 

PARA QUE A NATUREZA PERDURE, HAI QUE COIDALA. 

OS NOSOS CARTEIS XA SON VISIBLES NO BARRIO.










miércoles, 12 de junio de 2024

EncontRos BN: Ce orquestra Pantasma


 E para rematar o noso proxecto convidamos á escola a César de Orquestra Pantasma co seu espectáculo “A voar” o cal recolle canción traballadas este curso e coas que fumos ilustrando e dando forma ao noso PDI.

E coma non podía ser doutra maneira convidamos ás familias a desfrutar desta actividade coma peche do noso Proxecto



Romaría “Perigo Natureza”

 Cunha romería das canción traballadas este curso, a gran estrea do noso novo hit “Perigo!…Natureza” (interpretado por David, Alejandro e Triny e dirixido pola mestra Lara) e presentación dos carteis de concienciación medioambiental (que colgaremos estes días pola parroquia) pechamos o noso PDI 

Perigo!…Natureza!”

Grazas familias pola colaboración ao longo de todo o proxecto!

En especial ao noso grupo “Lacón con grelos” que interpretou a canción “Perigo!…Natureza” 

(de edición propia)

Guitarra principal: David González

Guitarra Rítmica: Alejandro Tobío

Voz principal: Triny Alvarado

Dirixidos por: Lara Fernández


GRAZAS!!

miércoles, 5 de junio de 2024

Preparando o Producto Final “Perigo!…Natureza”

Os nenos  e nenas da aula laranxa levamos todo o terceiro trimestre falando e reflexionando sobre a importancia da concienciación medioambiental e consideramos que o mellor  xeito de plasmar todo o aprendido era facendo unha acción medioambiental que impactara na vida do noso barrio.

Despois de pensar naquelas cousas que poderiamos mellorar nas nosas rúas, dispuxémonos a facer os carteis empregando o papel dos xornais que levamos lendo ao longo de todo o curso.



E hoxe fixemos a pegada destes carteis elixindo entre tod@s os sitios máis significativos onde colocalos.

"Poñer unha pedra nas papeleiras para que non saian voando as bolsas e o lixo"

"Non tires aquí o lixo, bótao na papeleira"


"Recolle as cacas do teu can"


"Pon cada cousa no seu contedor"

"Usa as papeleiras", "Non tires chicles ao chan", "Usa menos auga e luz"


Agora ás familias quédavos a misión de atopar estes 7 carteis coa axuda dos vosos peques e seguir as nosas recomendacións para coidar o barrio.

Novidades



 

Novidades materiais


 

Investigando as abellas na aula Rosa II

Levamos un tempo a investigar as abellas, na biblio, internet, na saída a casa das abellas... Despois desta investigación, na aula, estamos a facer algún traballo que recolla as nosas aprendizaxes. Aquí deixámosvos unha delas, coma é unha colmea e que hai en cada celda: ovos, larvas, abellas a punto de nacer, mel, etc  



 

lunes, 3 de junio de 2024

As familias contan: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?
Un clásico que sempre é un acerto!
GRAZAS FAMILIA!


 E despois do conto, aproveitando o traballo de sanitaria da mamá de Xandre, puidemos ver cales son as súas ferramentas de traballo e cómo nos poden axudar no camiño do coidado da nosa saúde, un dos ODS2030, que tamén estamos a traballar este trimestre.