martes, 17 de diciembre de 2024

EncontRos BN: Sanitario Uci Pediátrica

Hoxe recibimos a visita de David, pai de Xandre, que nos explicou o seu traballo na UCI cos neonatos con cardiopatías. 
Mediante dúas maquetas e o fonendoscopio vivenciamos o importante traballo do corazón e dos pulmóns.


 




Grazas familia!!!

martes, 10 de diciembre de 2024

EncontRos BN: Taller Educación Sexual




Jennifer, mamá de Andrea, compartiu xornada connosco para achegarnos a educación sexual a partires do conto “Kiko e a man”, unha guía sinxela para familias e educadores que desexan axudar a nenas e nenos a poñer límites evitando un contacto físico non axeitado.
Grazas Jennifer polo teu tempo

 

lunes, 2 de diciembre de 2024

Guía de Lectura: Por un mundo Diverso


 

Tardes de Biblio en familia: Semana da diversidade

 Hoxe coñecimos a TEA, Tea percibe o mundo dun xeito diferente ao noso, porque o mundo non é coma nós creemos, senón que depende dos ollos cos que o vexamos. 

“Nós non vemos as cousas cómo son, senón que as vemos como somos”


Un conto para ver de xeitos diferentes según as gafas que poñamos.








viernes, 22 de noviembre de 2024

Intervención artística 25N

Este curso queremos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero cunha intervención artística na entrada da nosa escola para o que necesitamos a axuda e colaboración das familias.

O vindeiro luns ao chegar, vos invitamos a escribir nos cristais da entrada unha palabra que fomente o respecto e o cariño nas relacións entre persoas.

Porque a importancia do respecto e a loita contra a violencia é cousa de todos/as e cada un/ha de nós.




Mulleres en acetato de cores cortadas coa Impresora de corte.






Asamblea cantada

O Día da Música comezou en Barrionovo cunha asamblea cantada na biblioBN.





Venres de EnCurtas: Automne

 

martes, 19 de noviembre de 2024

Mochilas fedelleiras viaxeiras!

Arrinca o préstamo das mochilas fedelleiras deste curso 24-25
As mochilas viaxarán de casa en casa semanalmente.
Deberán vir de volta o luns seguinte.
Procurade revisar o estado dos xogos de volta á escola.
Calquera incidencia comunicádello as profes.
GRAZAS!
Desfrutade do préstamo!!