Obradoiro de Cociña no Nadal: Galletas de Xenxibre
O Fedelleiro convertíuse de novo nun Obradoiro de Cociña. Todo partíu dun conto traballado nas clases de Inglés...
Con el aprenderon vocabulario xogando co escornabot, cunha nova plantilla relacionada con esta historia.
Elaboraron tamén un libriño da receita coa forma do Gingerbread Man.
Démoslle forma a esta receita cun Obradoiro de cociña no Fedelleiro. Os moldes empregados fabricáronse específicamente para a ocasión coa nosa impresora 3D. Os deseños foron extraídos do Thingiverse.
E por se fora pouco, agasallo dun molde realizado na impresora 3D que xunto coa receita, levaron para casa para poder volver cociñar coas familias os Gingerbread Men de novo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario