Hoxe asistimos a un contacontos na biblioteca "Miguel Sande" de Pastoriza, alí Marisa contounos o conto "Onde esta o nariz de Pinocho?" e máis un que falaba da historia da sapa Sapesa.
Ao rematar a sesión vimos que nun dos andeis que tiña unha etiqueta de Arte
había un libro sobre Klimt, pintor co que andamos a traballar, e lle pedimos a Manoli, a bibliotecaria, si o podiamos levar en préstamo . Emma e Diego foron os encargados de solicitalo co carné da nosa escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario