martes, 27 de marzo de 2012

Visita á Biblioteca de Pastoriza

Hoxe asistimos a un contacontos na biblioteca "Miguel Sande" de Pastoriza, alí Marisa contounos o conto "Onde esta o nariz de Pinocho?" e máis un que falaba da historia da sapa Sapesa.
Ao  rematar a sesión vimos que nun dos andeis que tiña unha etiqueta de Arte
había un libro sobre Klimt, pintor co que andamos a traballar, e lle pedimos a Manoli, a bibliotecaria, si o podiamos levar en préstamo . Emma e Diego foron os encargados de solicitalo co carné da nosa escola.



sábado, 24 de marzo de 2012

Almanaque Musical

"Almanaque Musical"  é unha das últimas adquisicións da biblio BN. Onte na libraría  Libros para Soñar de A Coruña presentouse a exposición  Un paseo ilustrado II coas obras do ilustrador David Pintor .
David comentou as láminas que compoñen o paseo e despois Xosé Ballesteros,tradutor ao galego do Almanaque, leu algunha das poesías acompañado polas fermosas cancións de Cristina Muíño.
Ao final David dedicou a nosa escola a súa última obra cun precioso debuxo.
Tamén falou da posibilidade de facernos unha visita....
                                                                  Grazas David



viernes, 23 de marzo de 2012

Easter

A teacher Pilar vai traballar a semana que ven Easter con vós nas aulas.
Aquí deixa esta estupenda actividade LIM de Belén Junquera coa que ides aprender un montón de cousas sobre o tema.




Pincha Aquí
 


jueves, 22 de marzo de 2012

Árbore

Biblio BN agasalla, con este fermoso poema do escritor guatemalteco Humberto Ak´abal  , a todos os seguidores do blog para celebrar xuntos o Día da Árbore e da Poesía.





Árbol
  
Libro verde
árbol poeta
¡cuanta poesía en tus hojas!


Quinquiera
que se pose en tus ramas
se vuelve cantor.